Xarrón Dorna Blanco
Referencia: 33500147
Durante máis de sete séculos, as dornas dominaron a pintoresca paisaxe das Rías Baixas, desempeñando un papel crucial en actividades como a pesca e o transporte.
Inspirados nestes emblemas das nosas rías, Sargadelos reproduce nesta peza as súas formas distintivas, desde a prominente proa redondeada ata a popa inclinada, bañada polos ronseis que deixa ao seu paso.
O contraste entre as liñas curvas e as arestas definidas plasma o efecto dos ventos e as ondas ao sucar os mares, sendo unha oda á esencia sinxela da cultura mariñeira das rías, tal como expresaba o poeta Manuel María:
“Non hai dorna como a miña,
tan xentil e tan lixeira.
Miña dorna ben feitiña!
Miña dorna mariñeira…!
Miña dorna sempre avante atravesas todo o mar.
Que fermosa! Que elegante! Que ben sabes navegar.”
Dimensións: 21 x 11,8 x 26 cm
Material: Porcelana

75,00 €
Taxas incluídas
Xarrón inspirado na dorna, embarcación emblema das rías galegas.