1806 - 1809

Fundación
Toda historia ten un comezo. A nosa empeza en 1806, cando Antonio Raimundo Ibáñez, o Marqués de Sargadelos, inicia un proxecto que cambiará, para sempre, o panorama da industria e a arte galego.
Tras desenvolver actividades novas para a época, tales como roteiros comerciais marítimos, a constitución da Real Compañía Marítima ou a creación dunha potente siderúrxica que revolucionou a España do século XVIII, Antonio Raimundo Ibáñez inaugurou unha fábrica de louza no lugar de SARGADELOS, Cervo (Lugo), o que lle permitiu desenvolver o seu gusto refinado polas Artes Plásticas, aproveitando os xacementos de caolines existentes na zona.

1809 - 1832

Primera Época
José Ibáñez, fillo do fundador, coa axuda dos seus tíos e a súa muller, Anita Varela, ampliou a fábrica orixinal instalando tres fornos de produción e construíndo varios talleres con máis de 25 fornos. A produción elevaríase a 20.000 pezas anuais de louza nos comezos dos anos 30.
Estas louzas eran características pola súa cor branca, o seu esmalte brillante cremoso ou lixeiramente azulado, con estilos neoclásicos inspirados na louza inglesa Bristol. Corresponden a esta época as primeiras pezas pintadas a man.

1835 - 1842

Segunda Época
En 1835, José Ibáñez asóciase con Antonio Tapia para constituír a empresa Ibáñez e Tapia. Coa dirección do francés M. Richard apostaron pola fabricación de louza fina branca pintada a man. Tamén abordaron as primeiras probas de estampaxe e policromía. Sobresaen daquela época as pezas con motivos costumistas, mitológicos e relixiosos.


1845-1862

Tercera Época
En 1845, Luís da Riva e Cía, compostelán, arrenda a administración de SARGADELOS á familia Ibáñez, iniciando a primeira época dourada da compañía: 1000 familias chegaron para traballar na fábrica en 1849.
Baixo a dirección do británico Edwin Forester, alcanzáronse calidades inmellorables en vaixelas e figuras, engadindo variedade tanto en deseño como en cor, sobresaíndo as estampaxes monocromas e a impregnación de cor nos fondos das pezas de vaixela branca e lixeiramente azulada.

1870-1875


Cuarta Época
En 1873, asociándose cos coruñeses Atocha e Morodo, a familia Ibáñez recobra a xestión de SARGADELOS, tratando de reproducir sen éxito a calidade da etapa anterior, cesando os investimentos en novas instalacións e prescindindo dos expertos ceramistas estranxeiros. Os preitos ocasionados polos Ibáñez levaron ao peche de SARGADELOS en 1875.
A pesar de todo, un século máis tarde, en 1972, o perímetro das antigas Fábricas foi declarado Conxunto Histórico-Artístico debido á beleza alcanzada nos seus talleres e o rico legado cultural que había imprimado na sociedade da época e nas futuras xeracións, convertendo a SARGADELOS nun verdadeiro mito cun espazo reservado na memoria colectiva.
1949 - Actualidad

O CASTRO DE SAMOEDO
En 1949, Isaac Díaz Pardo inicia un taller cerámico que pronto se converte no complexo industrial de Cerámica do Castro.
Tras un tempo experimentando con novas técnicas e deseños, decidiu reproducir figuras orixinais de artistas plásticos utilizando terras galegas coas que se obtiña unha pasta fina, translúcida, de gran dureza e brancura e que achegaban gran calidade á porcelana.
SARGADELOS
A inquietude artística e empresarial de Diaz Pardo levouno a Arxentina, onde contactou con exiliados galegos entre os que se atopaban o magnífico pintor Luís Seoane. Aínda que esas experiencias non foron moi lucrativas no seu momento, serviron para suscitar o interese dos intelectuais galegos exiliados da guerra civil española pola recuperación económica e cultural de Galicia, que se plasmou en 1963 coa creación do Laboratorio de Formas.
A boa relación de Diaz Pardo e Seoane deu pé á recuperación económica e cultural de Galicia e ao rexurdimento de SARGADELOS. En 1968 comezaron as obras na factoría de Cervo (Lugo), tras a constitución da sociedade Cerámica de SARGADELOS, fabricando as primeiras pezas, tratando de restaurar o espírito creador de Antonio Raimundo Ibáñez, que revolucionara Galicia no seu momento. O éxito de tal emprendemento foi inmediato: deseño e calidade axuntáronse coa historia, convertendo SARGADELOS nun referente de Galicia. O empeño e alianza entre ambas as personalidades e o esforzo e dedicación dos traballadores converteron á empresa nunha icona local e internacional, orgullo dentro e fóra das fronteiras galegas.

Hoy
Hoxe
Na actualidade, SARGADELOS conta con dúas plantas de produción nas que traballan máis de 150 persoas. Dispón de 15 puntos de distribución exclusivos, setenta tendas de decoración e xoierías multimarca en España, Asia e América. Xunto á súa actividade industrial e comercial, SARGADELOS leva adiante un importante labor de difusión e promoción da cultura galega, principalmente dos talentos máis novos da Arte e a Literatura.


