Sobre o biscoito de porcelana, aplicamos unha das partes máis artísticas da nosa marca: o decorado, que se aplica, dependendo da cor, baixo e sobre cuberta, é dicir, antes e despois de vitrificar a peza. Cada peza píntase a man mediante o uso de padróns previamente cortados polos nosos técnicos, unha a unha. Os deseños, elaborados polos nosos equipos artísticos, seguen padróns tradicionais inspirados na cultura céltica e atlántica, adaptándoos sempre ao noso icónico estilo vangardista que é selo da casa. Non todos os detalles pódense conseguir con padróns. Os pinceis dos nosos especialistas terminan o traballo, engadindo, retocando, debuxando, chegando a ese grao de perfección, mimo e acabado natural ao que non chegan os procesos industriais. As pezas delicadas, as edicións especiais e os detalles máis complexos píntanse exclusivamente a man, sen uso de padróns. Un proceso minucioso pero necesario nesa procura de excelencia que nos caracteriza.