Filosofía
Somos SARGADELOS. A nosa historia remóntase a 1806, coa fundación da primeira fábrica en Galicia, ó noroeste español, sendo unha das máis antigas de Europa. Desde entón manufacturamos, con auténtica obsesión polas técnicas e os detalles, a porcelana de máxima calidade que nos converteu nunha icona. A tensión entre a cultura tradicional e o deseño máis vangardista foron esenciais na evolución das nosas porcelanas. Os nosos mestres artesáns colaboran cos deseñadores máis innovadores para crear pezas diversas, cunha personalidade única, inconfundible e inimitable. As nosas pezas non só están feitos para durar. Tamén para axudar a que a súa contorna dure.

Baixo un enfoque completamente sostible, incluímos procesos que aseguran un impacto positivo no mundo:
- Reutilizamos as nosas pastas de colaxe unha vez filtradas.
- Optimizamos o consumo das nosas máquinas.
- Aproveitamos a calor residual dos nosos fornos para aclimatar as plantas de fabricación e salas de secado.
- Nas fábricas utilízase só gas natural e combustibles limpos.
- O cartón gris que utilizamos na fabricación das caixas é totalmente reciclable, xa que a cor aplícase con fume e compoñentes naturais.
- Retornamos os sobrantes ao proceso de moenda.
- Investigamos o uso de pigmentos máis ecolóxicos.
- Priorizamos os provedores próximos ou nacionais fronte a alternativas estranxeiras, favorecendo o crecemento económico local.
- Sargadelos reevalúa e reinventa constantemente as súas embalaxe para garantir un impacto mínimo na natureza.
- Todo o papel e cartón utilizado está certificado FSC.
- Conscientes do impacto que ten o plástico nos océanos, Sargadelos eliminounos de toda a súa cadea de distribución.

