Arlequín

Referencia: 06000014

Descrición: En 2015 celébrase o 120 aniversario da primeira exposición de Pablo Picasso na súa longa traxectoria artística. O acontecemento tivo lugar en febreiro de 1895, cando o pequeno artista tiña 13 anos, nun establecemento comercial da Rúa Real da cidade da Coruña, onde o neno viviu de 1891 a 1895.


Nada mellor para celebrar este feliz suceso que unha figura deseñada polo Laboratorio de Formas de Galicia que representa un personaxe alegre e festivo como é o Arlequín, que encarna ao astuto e intrigante protagonista da Commedia Dell´Arte italiana, un personaxe presente en moitas obras de todas as etapas plásticas do pintor malagueño, en especial no período cubista dos primerios anos do século XX. Esta peza decorativa foi pintada a man sobre a porcelana vidrada con cor vermella intensa, cocéndose nesta etapa a 800º C (por terceira vez), é por iso que o seu proceso de produción é máis laborioso. Numerado: 1/1000 unidades.


Dimensións: Alto: 20 cm.


Material: Porcelana.


Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Arlequín

Referencia: 06000014

158,00 €
Taxas incluídas