Rosalía de Castro

Referencia: 05015075

Descrición: Figura máis emblemática da literatura. Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837; Padrón, 1885). Sargadelos no 125 cabodano da súa morte e nos 130 anos da publicación de Follas novas quere facer lembranza con esta peza da nosa escritora. Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela (1837) e finou en Padrón (1885). É unha destacada figura do Rexurdimento galego. No 1858 casou con Manuel Murguía, historiador, cronista e xornalista. Debido aos cargos funcionariais de Murguía residiron en distintos lugares. Escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida (orixe, problemas económicos, perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde). Nos libros de poesía que marcan un fito na literatura galega: "Cantares gallegos" (1863), a autora denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva á que estaban obrigados os galegos e tamén reflexa os sentimentos e vivencias persoais. No preámbulo do poemario de "Follas novas" (1880), a autora explica a vertebración da obra que vai do persoal ao social, dos padecementos íntimos ás desgracias colectivas. Desde o 17 de maio de 1963 por ser centenario da edición de "Cantares gallegos" (1863), quedou instaurado o Día das Letras Galegas que cada ano dedica a un escritor ou escritora. Rosalía viviu os derradeiros anos da súa vida en Padrón, na casa da Matanza, hoxe convertida en casa-museo. Os seus restos repousan no Panteón dos Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Como remate desta lembranza abrimos unha páxina de "Follas novas": ABRIDE AS FRESCAS ROSAS "¡Abride, as frescas rosas; brilade os caraveles do seu xardín; ou, árbores, vestivos cas lindas follas verdes! Parras que un tempo sombra nos prestaches: a cubrirvos de pámpanos volvede." Dimensións: Alto: 32 cm. Material: Porcelana. Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Rosalía de Castro

Referencia: 05015075

105,00 €
Taxas incluídas