Bomboneira Mar Azul
Referencia: CPS00100
Descrición: As nosas Bomboneiras Mar están inspiradas nas ondas debuxadas polo mar galego no horizonte, aquelas onde tantas historias e acontecementos transcurriron ao
longo dos anos. A Bomboneira Mar está elaborada en pel de vacún. Ten un deseño baseado no mar galego con tecidos cosidos en superposición.
Conta cunha correa regulable artesanal con acabado en porcelana feita a man e cun peto interior con cremalleira.
No seu interior, de pel con acabado artesanal, ten unha pequena peza de porcelana distintiva da marca cosida a man.
Cor Azul Costuras feitas artesanalmente.
Elaborado na súa totalidade por artesáns do noso país.
Creada coas mellores peles de vacún.
Dimensións: Ancho: 25 cm. Alto: 31 cm.
Bomboneira Mar Azul
Referencia: CPS00100