Carteira Monférico

Referencia: CPS00700

Descrición:
O noso deseño Monférico está inspirado na fachada barroca do Mosteiro de Monfero, situado na provincia da Coruña, característico da historia arquitectónica barroca en Galicia.

Carteira de muller elaborada en pel de vacún estampada co deseño Monférico. No interior, tecido con estampado do logo e marca Sargadelos. Na billeteira conta cunha pequena peza de porcelana distintiva da marca.
Con peche con botón a presión, ten cinco aperturas para gardar tarxetas (unha delas transparente), catro espazos para gardar billetes, un peto interior con cremalleira e un peto exterior.

Costuras feitos artesanalmente.

Elaborado na súa totalidade por artesáns do noso país.

Creada coas mellores peles de vacún.

Dimensións:
22 x 10 x 2,5 cm.

Carteira Monférico

Referencia: CPS00700

168,00 €
Taxas incluídas