Chaveiro Rosa dos Ventos

Referencia: CPS00851

Descrición:
Inspirado nun dos poucos símbolos da cartografía portulana que resistiu ao paso do tempo e aínda se utiliza nos mapas marítimos e nas brúxulas.
Usada por primeira vez no ano 1300, a rosa dos ventos foi orixinariamente deseñada para o uso marítimo na determinación dos ventos. A súa iconografía consiste nun círculo que ten marcados ao redor os 32 rumbos nos que se divide a volta ao horizonte.

En SARGADELOS baseámonos neste símbolo para deseñar unha peza de porcelana única, montada en coiro de alta calidade, co desexo de que sirva de guía e orientación a todos os que a porten.

Dimensións:
Altura: 90 mm. (aprox.)
Altura peza porcelana: 40 mm. (aprox.)
Argola: Ø 33 mm.

Material: Porcelana, coiro e aceiro lacado.

Chaveiro Rosa dos Ventos

Referencia: CPS00851

64 $