Botella AB1

Referencia: 03050000

Descrición: Co propósito de complementar o noso catálogo de pezas de servizo de mesa, en SARGADELOS creamos esta singular botella de 1,2L de capacidade e tapa de madeira con xunta hermética de silicona. A boca ancha facilita tanto a vertedura coma o recheo. As súas dimensións reducidas están estudadas para permitir a súa almacenaxe nos estantes das portas dos frigoríficos. O deseño trincocónico da botella está inspirado nas tradicionais sellas, útiles para almacenar e transportar líquidos antes de que se xeralizase o uso da auga corrente. Seguindo a filosofía que caracteriza a marca SARGADELOS, tratamos de recuperar unha forma clásica, actualizándoa e adaptándoa aos usos e necesidades actuais. Preséntase en tres decorados con vistosos motivos xeométricos nos que o noso característico Azul Cobalto se combina con outras cores.


Dimensións: Altura: 28.5 cm. Ø Máximo: 10 cm. Ø Mínimo: 5 cm. Capacidade: 1,2 L.


Material: Porcelana


Coidados: Apto para lavalouzas e microondas.

Botella AB1

Referencia: 03050000

104 $
Esgotado