Botella RZ3

Referencia: 03050002

Descrición:
Co propósito de complementar o noso catálogo de pezas de servizo de mesa, en SARGADELOS creamos esta singular botella de 1,2L de capacidade e tapa de madeira con xunta hermética de silicona. A boca ancha facilita tanto a vertedura coma o recheo. As súas dimensións reducidas están estudadas para permitir a súa almacenaxe nos estantes das portas dos frigoríficos.

O deseño trincocónico da botella está inspirado nas tradicionais sellas, útiles para almacenar e transportar líquidos antes de que se xeralizase o uso da auga corrente. Seguindo a filosofía que caracteriza a marca SARGADELOS, tratamos de recuperar unha forma clásica, actualizándoa e adaptándoa aos usos e necesidades actuais. Preséntase en tres decorados con vistosos motivos xeométricos nos que o noso característico Azul Cobalto se combina con outras cores.

Dimensións:
Altura: 28.5 cm.
Ø Máximo: 10cm.
Ø Mínimo: 5 cm.

Capacidad: 1,2 L.

Botella RZ3

Referencia: 03050002

58,00 €
Taxas incluídas