Xogo Pendentes Espiroide
Referencia: 62101001
Descrición: A Colección Espiroide está inspirada nunha diadema celta da Idade de Bronce achada no Castro de Elviña a mediados da década dos anos 30. Elviña foi habitada por asentamentos celtas dende a Idade de Ferro, converténdose nun castro marítimo único, destacando pola súa virtuosidade nos campos da ourivaría e olería. En cada peza da colección Espiroide destaca a súa estrutura en Filigrana de Prata 925 co motivo espiroide da xa citada diadema. Dimensións: Fornitura porcelánica: Semi Esfera 10,50 x 7,6 mm. Peche bolboreta: 8 mm. Peso: 3 gramos por pendente.
Material: Pendentes botón en Prata de 1ª Lei 925 e pátina envellecida. Engaste porcelánico pintado a man en cor azul intensa. Peche bolboreta en Prata de 1ª Lei 925.
Coidados: Limpar en agua morna con deterxente lavalouzas e cepillo suave de uñas.
Xogo Pendentes Espiroide
Referencia: 62101001