Fular Anduriñas Branco
Referencia: CPS01041
Descrición: Para o deseño e execución deste fular, Sargadelos inspírase no voo das anduriñas, unha das aves migratorias por excelencia. Moi común e popular nas nosas cidades, voa compulsivamente, dun lugar a outro, alegrándonos o día; e é tan familiar que non repara en aniñar nas nosas casas ou visitarnos nos nosos balcóns. Por iso, pola súa proximidade e ausencia de sofisticación finxida, coma signo de admiración, consideración e respecto, en Sargadelos inspirámonos nesta delicada, graciosa e aerodinámica ave para crear este pano exclusivo de alta calidade. Feito de seda 100% natural, esperamos poida traerlle benestar e delicadeza. Dimensións: Longo: 180 cm. (aprox.) Ancho: 50 cm. (aprox.) Material: seda satinada con estampado de anduriñas a dobre cara.
Fular Anduriñas Branco
Referencia: CPS01041