Pano Rosalia
Referencia: CPS01011
Descrición: Inspirado no trazo da firma de Rosalía de Castro xorde a idea deste pano. Trátase dunha serie de retratos desta autora, debuxados a partir dunha única liña que imita a forma tradicional de escritura, a manuscrita. As cores empregadas son o branco e o azul; branco como o papel sobre o que ela escribía, e azul por ser, xunto co verde, a cor á que máis veces recurreu para describir Galicia. O azul pódese atopar en moitos dos seus versos, chegando incluso a dar nome a algúns dos seus poemas, como "No ceo, azul crarísimo" ou "Del mar azul las transparentes olas". Este exclusivo pano está feito en España, confeccionado polos nosos artesáns sobre seda natural e rematado 50% a man 50% a máquina cun deseño 100% cultural. Inclúe Estoxo Premium. Dimensións: 90 x 90 cm. Material: 100% Seda Twill.
Pano Rosalia
Referencia: CPS01011