Coitelo Xamoneiro Taramundi de Sargadelos

Referencia: 03030227

SARGADELOS realizou este coitelo xamoneiro con aceiro ACX 380 Mova, que ofrece unha excelente capacidade de corte, resistencia á corrosión, flexibilidade óptima para un coitelo xamoneiro e facilidade para o afiado.

A empuñadura de porcelana foi deseñada para maximizar a súa ergonomía, favorecendo o agarre durante o seu uso, mentres a súa decoración en dúas cores apórtalle ese elemento estético co característico estilo de SARGADELOS.

A comarca de Taramundi é referente da fabricación artesanal de coitelos e navallas da mellor calidade. O saber facer e a experiencia de C. Quintana foron fundamentais no deseño e desenvolvemento desta nova creación de SARGADELOS, que confiamos lle facilíte a vida nas súas actividades cotiás.

Materiais: Porcelana, Aceiro ACX 380 Mova

Dimensións:

Longo: 38 cm

Ancho: 2.8 cm

Longo da folla: 25 cm

Grosor da folla: 2 mm

Artesán C. Quintana Taramundi

Coitelo Xamoneiro Taramundi de Sargadelos

Referencia: 03030227

110,00 €
Taxas incluídas

Sargadelos fai unha versión a navalla de Taramundi, achegando o que mellor sabe facer: porcelana.