Xogo de Cubertos Trisquel 24 Piezas Oro Mate
Referencia: CU000009
Descrición: A primeira liña de cubertos de Sargadelos, atendendo ás necesidades dunha mesa completa e para complementar a nosa vaixela de porcelana e a nosa liña de manteis. Esta versión con acabado dourado mate, deseñada para momentos nos que queremos engadirlle un extra de sofisticación e distinción á nosa mesa, conta ademais cun revestimento cerámico PVD (Physical Vapor Deposition), un revestimento cerámico fino e altamente adherente depositado por plasma altamente ionizado sobre unha cámara de baleiro. A súa dureza é máis do dobre que o cromo duro, ten un baixo coeficiente de rozamento e unha alta resistencia á oxidación. Preséntanse nun cómodo estoxo de 24 pezas, ideal tanto para agasallos coma para manter o xogo sempre ordenado e listo para o seu uso. Aceiro inoxidable 18/10. Composición e dimensións: 6 Garfos (21x2,5 cm.). 6 Coitelos (23,5x2 cm.). 6 Culleres (21x4,5 cm.). 6 Culleres de café ou de postre (14x3 cm.). Coidados: Apto para lavalouza. Apto para uso intensivo en restaurantes.
Xogo de Cubertos Trisquel 24 Piezas Oro Mate
Referencia: CU000009