Fábrica de Cerámica de Sargadelos

Referencia: 05005080

Descrición:

A actual Fábrica de Cerámica de Sargadelos é un complexo industrial heteroxéneo composto por diversas edificacións e instalacións unidas entre si por un armazón de torres e pasarelas. Neste centro produtivo (Sargadelos dispón doutro no Castro, A Coruña) radícanse os servizos centrais e a xerencia das empresas. Dada a vocación cultural da compañía, complementan as plantas de fabricación, un Museo de Cerámica e unha Taberna decorada con valiosos murais de Luis Seoane.

O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en xaneiro de 2015. O seu edificio máis singular e orixe do Sargadelos actual é a Planta Circular, cuxa representación cerámica lle ofrecemos.

O inicio das obras ocorre en 1968, nuns terreos próximos ás antigas Fábricas Reais de Sargadelos. Tratábase de iniciar un proxecto de rexeneración cultural de Galicia promovido por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. A fabricación de cerámica comeza nun sector desta singular Planta Circular e discorre en paralelo ao remate do resto de edificacións. Inaugurándose o complexo o día 10 de maio do ano 1970.

Realmente o concepto dunha planta industrial circular é innovador e atrevido. Respondía o requirimento funcional, e sobre todo intelectual, dun proceso produtivo lineal no cal confluísen inicio e final. Ao mesmo tempo, debía converterse nun espazo de referencia que fomentase as relacións entre as persoas, as actividades culturais e que se erixise como símbolo identitario.

Este primeiro edificio, a Planta Circular, co paso dos anos, converteuse nun símbolo. A súa forma envolvente ao redor do patio, consegue unha imaxe representativa máis próxima ao cultural que ao industrial. Cada unha das distintas seccións produtivas ocupaban un sector da coroa circular o que facilitaba a ampliación individual desas seccións engadindo anexos excéntricos.

A súa linguaxe arquitectónica conxuga tradición e modernidade, non só nas formas senón tamén nos materiais, sendo destacable o expresionismo da estrutura de formigón, radialmente concibida, presente en todo o edificio.

Pero as carencias funcionais encarecían excesivamente o proceso produtivo, polo que en 1984 inaugúranse unhas novas edificacións máis axustadas as necesidades da produción cerámica da empresa, quedando a Planta Circular destinada a actividades de dirección, creación e deseño.

Esta peza cerámica pretende render unha pequena homenaxe a esa primeira edificación na que se comezou e materializouse a idea innovadora e rexeneradora que evoca o actual Sargadelos.

Dimensiones: 16 cm x 15 cm

Material: Porcelana

Fábrica de Cerámica de Sargadelos

Referencia: 05005080

125,00 €
Taxas incluídas

Esta peza cerámica pretende render unha pequena homenaxe á primeira edificación na que se comezou e materializouse a idea innovadora e rexeneradora que evoca o actual Sargadelos.