Prato Chao Diédrico

Referencia: 01717092

Descrición:
A principios da década dos setenta, en SARGADELOS desenvolveuse unha linguaxe propia de motivos decorativos, de marcado compoñente xeométrico, que bebe da tradición da arte e a arquitectura galegas. Agora, despois dun tempo fóra de catálogo, recuperamos este decorado aplicado á forma Estrela. Está composto por dúas cores que contrastan e que se complementan, negro e azul cobalto, o que provoca un efecto óptico resaltando os volumes.

Dimensións:
Ø 25,5 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: Apto para lavalouzas e microondas.

Prato Chao Diédrico

Referencia: 01717092

20,00 €
Taxas incluídas