Pano Medallas
Referencia: CPS01014
Descrición: A raíz dunha serie de medallas deseñadas nos anos 70 por Carmen Arias "Mimima", xorde a idea deste pano a modo de homenaxe ao seu traballo. Na medalla orixinal aparece unha moza rodeada de puntos de cores, que neste pano representamos como flores de camelia a piques de florecer. O clima galego é idóneo para o crecemento desta planta, é por iso que a podemos atopar ó longo de toda a xeografía galega, sobre todo a media altura sobre o nivel do mar. Este exclusivo pano está feito en España, confeccionado polos nosos artesáns sobre seda natural, elaborado a man cun deseño 100% cultural. Inclúe Estoxo Premium. Dimensións: 90 x 90 cm. Material: 100% Seda Twill.
Pano Medallas
Referencia: CPS01014