Pano Monférico Vermello

Referencia: CPS00995

Descrición: O decorado Monférico é un sistema ornamental que tenta relembrar de xeito abstracto o casetonado das bóvedas barrocas do Mosteiro de Monfero, do que colle o nome, cuxa bisbarra encerra esta marabillosa obra de pedra do noso pasado histórico. O Mosteiro de Monfero está situado nas inmediacións da Serra da Loba, nunha quebrada onde o río Lambre verte as súas augas á ría de Betanzos na Ponte do Porco. O templo, os claustros e a súa inmensidade de pedra labrada emerxe no medio dun val solitario, rodeado dunha paisaxe de mestos piñeirais e mesturado cunha exuberante vexetación. Este exclusivo panos de está confeccionado sobre seda natural, elaborado a máquina cun deseño 100% cultural. Inclúe Estoxo Premium. Dimensións: 90 x 90 cm. Material: 100% Seda Twill.

Pano Monférico Vermello

Referencia: CPS00995

105,00 €
Taxas incluídas