Monarca

Referencia: 05011085

Descrición: En Sargadelos, nos últimos anos, non valoramos excesivamente as monarquías. Pero no caso desta muller, Isabel II, a súa lonxeva presenza na vida pública, convertérona nunha icona da cultura popular. Agora, con motivo do seu deceso, quixemos reinterpretar a súa efixie, nunha escultura de porcelana que representa o boato, a intemporalidade e a imperturbabilidade desa raíña.

Engadimos unha bágoa na súa meixela dereita como alegoría dos monarcas duns tempos que xa non volverán, e nos que as realezas eran respetadas e admiradas polos seus súbditos.

Dimensións:

Longo: 13,8 cm

Largo: 13,5 cm

Alto: 20,5 cm

Base: 12,5 x 8,7 cm

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Monarca

Referencia: 05011085

150,00 €
Taxas incluídas