Testo Sábila Gr.

Referencia: 33500321

Descrición:
A Sábila, comunmente coñecida como Aloe é unha planta nativa das rexións secas de África, Madagascar e Oriente Próximo, posteriormente estendida por todo o mundo.
De igual forma é coñecida como planta bíblica polas numerosas ocasións que aparece reflectida tanto no antigo como no novo testamento. E mesmo ao deus Báal-Zebut representábaselle cunha planta de aloe nas mans como símbolo da inmortalidade, pola súa poder regenerador de vida.

Descrición:
A cerámica de SARGADELOS fiel ao seu labor divulgativo, inspirouse nas follas carnosas e grosas que saen do seu talo curto. Follas lanceoladas cun afiado ápice que serviron de inspiración na creación deste patrón vexetal. En conxunto co noso azul cobalto e a pureza do noso branco creáronse estes maceteiros, que non teñen maior aspiración que decorar e achegar frescura a novos espazos.    

Dimensións:
Alto: 17 cm.
Ø: 24 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Testo Sábila Gr.

Referencia: 33500321

77,00 €
Taxas incluídas

Testo Sábila inspirada nas follas de aloe, que combina o azul cobalto e branco de Sargadelos para decorar e aportar frescura.