Gaiteiro Pq.

Referencia: 33300094

Descrición:


As figuras populares queren representar a tipos populares, a xente do pobo cha, que no intre de facelas aínda tiñan realidade no noso país: o piñeiro que vivía de coller piñas coa súa bisarma; o labrego e a labrega que aínda fan producir a terra coas súas legoñas; a peixeira que transporta o peixe na súa testa; ou o afiador que da voltas ao mundo gañando a vida coa súa roda... ou esas outras figuras que aínda se sinten ledas e bailan ao son dunha gaita e dun pandeiro.


Dende Sargadelos queremos contribuír a facer mellor o mundo, a construír, a organizar, a crear unha esperanza. Ninguén debe confundir estas figuras populares cun intento de restaurar a arte popular. Nada estaría máis lonxe da intención dos que estudaron estas pezas, colectivamente, anónimamente. A cerámica popular, coma todo o que coñecemos por arte popular que sobrevive en parte de satisfacer necesidades un tanto nostálxicas, é irrepetible e non é programable. 


Dimensións:


Alto: 7 cm.


Material: Porcelana.


Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Gaiteiro Pq.

Referencia: 33300094

19,00 €
Taxas incluídas