Mural Eva

Referencia: 10500007

SARGADELOS continúa a colección de láminas de serigrafía iniciada no ano 2022 e pon agora á venda dúas novas ilustracións representativas da arte e primor que os nosos creadores aplicaban aos seus deseños e pinturas. Estas dúas novas pezas reproducen dous murais orixinais (que decoran a nosa taberna do Castro) formados con teselas refugadas do proceso produtivo.

O resultado final é unha composición colorista que remite e inspírase nas características formas sargadelianas. Representan os personaxes bíblicos de Adán e Eva.

E reproducímolos nunha serie numerada sobre un papel de alto gramaje (acabado de gran natural cun 60% de algodón) mediante unha coidada serigrafía de estampaxe manual. Confiamos que goce tanto coa súa contemplación como nós gozamos coa súa realización.



Medidas: 33 x 70 cm

Material: papel de alto gramaxe (acabado de gran natural cun 60% de algodón).

Mural Eva

Referencia: 10500007

70,00 €
Taxas incluídas

Esta lámina reproduce o mural realizado por Luis Seoane e que se atopa á entrada da Fábrica de SARGADELOS na factoría de Cervo.