Reloxo de Sol Peregrino

Referencia: 06000632

Descrición: Nos momentos fundacionais do fenómeno da peregrinación a Santiago non había máis posibilidades ca facer o camiño a pé, coa única excepción dalgúns poucos privilexiados que o podían realizar a cabalo ou en carreta. Nesas viaxes, a orientación facíase seguindo a Vía Lactea, a estrela Polar e outras referencias xeográficas. As pautas diarias eran marcadas polo orto e o ocaso solar ou algún outro instru­mento orientativo da hora do día coma este Reloxo de Sol que reproducimos, encaixado nunca cuncha de vieira como iconografía do Xacobeo porque moitos peregrinos non podían resistir a tentación de ver poñerse o sol en Fisterra, onde se cría que acababa o mundo e de onde procedían as cunchas. Dimensións: Longo:11 cm Ancho: 11 cm Alto: 3 cm Material: Porcelana. Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Reloxo de Sol Peregrino

Referencia: 06000632

58,00 €
Taxas incluídas