Pomba San Andrés

Referencia: 05013340

Descrición: A HERBA DE NAMORAR DE SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. "A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo", advirte o dito popular. A San Andrés -apóstol coma o seu irmán Santiago, e tan querido en Galicia coma el- adicóuselle un famoso santuario, que se levanta preto do Atlántico, na vertente occidental do antigo Promontorium Artabrum, o cabo Ortegal dos nosos días, entre os acantilados más altos de Europa. Os romeiros visítano os venres, sábados e domingos de Pentecostés; os meses de agosto e setembro, e do 27 ao 30 de novembro, día da festividade do santo. Ninguén ten a ousadía de facer dano a un lagarto, un escarabello, un rato ou calquera outro animaliño, por temor a que sexa unha ánima que vai cumprir a promesa que non puido cumprir na vida. Os peregrinos botan unha pedra nos milladoiros que aparecen ao longo do camiño, beben auga da fonte do santo, e adornan as varas de abeleira coa flor Armería Marítima Willdenow, que collida nestes campos, axuda a atopar e perpetuar o amor, polo que se coñece como herba de namorar. A herba de namorar, a herba namoreira, a herba de namorar tráiocha na faltriqueira. Dos efectos que a herba de namorar pode causar entre os namorados, fala esta outra cantiga: Meu santiño San Andrés, eu como foi non o sei, pero sei que fomos dous e voltar, voltamos tres. Dimensións: Longo: 12,5 cm. Ancho: 6 cm. Material: Porcelana. Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Pomba San Andrés

Referencia: 05013340

38,00 €
Taxas incluídas

Filters