Menina Gr. Azul
Referencia: 05011080
Descrición:
Sargadelos, a través da súa cerámica, reinterpreta esta figura en homenaxe á obra máis coñecida de Velázquez.
Diego Rodríguez de Silva e Velázquez (Sevilla, 1599 - Madrid, 1660), pintou a Familia Real no ano 1656 durante o reinado de Felipe IV, penúltimo monarca da dinastía dos Austrias. Había máis de 10 anos (1643) que tivera lugar a caída do valido Conde Duque de Olivares, e oito anos (1648) do final da Guerra dos Trinta Anos co resultado da Paz de Westfalia, cuxas consecuencias para España e o reinado de Felipe IV foron unha clara decadencia. No ano no que Velázquez pintou este lenzo, o Rei estaba xa moi envellecido e con evidentes signos de cansazo ben demostrado na obra do mesmo autor.
Co título de La Familia de Felipe IV (onde Velázquez pinta unha escena de pazo e representa a Infanta Margarida coas súas damiñas de honra) aparecen no inventario do ano 1794. Máis tarde aparece catalogado no Museo do Prado en 1843 polo seu director José de Madrazo, co nome de Las Meninas, título que tivo un grande éxito literario e que perdurou ata os nosos días. O devandito título púxoselle ao cadro en referencia a dous personaxes que aparecen nel e apoiándose na descrición que fai da obra o pintor e escritor Antonio de Palomino e Velasco (1653-1726) na súa obra Museo pictórico. Conta nesta obra que "dúas damiñas acompañan á infanta nena, son dúas meninas". A palabra "menina" é de orixe portuguesa e é o equivalente a "paxe" en feminino. Chamaban así ás fillas dos personaxes da nobreza que entraban no Pazo como doncelas de honra das Infantas e acompañábanas no seu séquito a todas horas. Só recibían este apelativo ata que lles chegaba o momento da posta de longo; así pois eran sempre damas moi novas. Outros títulos que aparecen nos inventarios son: A Sra. Emperatriz infanta de España coas súas damas e criados e unha anana onde se retratou o pintor a si mesmo pintando.
Dimensións:
Alto: 19 cm.
Material: Porcelana.
Coidados: limpar cun pano suave e húmido.

74,00 €
Taxas incluídas
Sargadelos, a través da súa cerámica, reinterpreta esta figura en homenaxe á obra máis coñecida de Velázquez, Las Meninas.