Xogo Café 12 servizos Triangular

Referencia: 31751102

Descrición: Colección Xeométrica - Decorado Triangular Edición Numerada (500 unidades). Nos anos 20, florece unha corrente artística fundamentada na abstracción xeométrica que parte como unha reacción fronte ó excesivo subxectivismo da arte de épocas anteriores e fomenta o distanciamento do puramente emocional. Esta arte, baseada no uso de formas xeométricas simples, combinadas en series, repeticións ou tramas e onde a forma domina fronte á cor, pretende ser o marco onde se desenvolva esta nova liña de SARGADELOS. Iniciamos a Colección Xeométrica cunha edición limitada (500 unidades) do decorado Triangular, baseado nesta forma básica, clave da xeometría e símbolo da harmonía, a divindade e a proporción. Ordenado en series e contrastado mediante o uso de cores crea unha composición equilibrada e harmoniosa que resalta as formas e potencia a porcelana. Composición: 12 Cuncas café con prato (100 ml) 1 Cafeteira (950 ml) 1 Leiteira (250 ml) 1 Azucreiro (300 ml) Material: Porcelana. Coidados: Apto para lavalouzas e microondas.

Xogo Café 12 servizos Triangular

Referencia: 31751102

884 $