Vaixela Sushi 2 servizos

Referencia: 32062003

Descrición: Con motivo da súa recente incorporación ó esixente mercado xaponés, a marca galega Sargadelos deseñou, fabricou e incorporou como novidade ó seu catálogo a Vaixela Sushi. Trátase dun conxunto de pezas de porcelana para dous comensais, inspirado na estética do país nipón combinada co característico e inconfundible selo que SARGADELOS imprime ás súas creacións. A Vaixela Sushi componse dunha fonte-barca, como referencia ós botes de pesca galegos, cuncas, pratos e dous repousa-palillos en forma de peixe carpa de inconfundible acento sargadeliano e referencia oriental. En definitiva, unha agradable sorpresa dirixida a un público novo amante dos produtos innovadores e de gran calidade. Composición: 1 Barca (fonte), como referencia aos botes de pesca galegos 2 Koi (repousa-escarvadentes en forma de peixe carpa de inconfundible acento sargadeliano e referencia oriental). 2 Pratos . 2 Boles. Material: Porcelana. Cuidados: Apto para lavalouzas e microoondas.

Vaixela Sushi 2 servizos

Referencia: 32062003

378 $