REDE, COLABORACIÓN CON DAVID CHIPPERFIELD
SARGADELOS REDE | 3/11/2021
Para SARGADELOS sempre é un motivo de satisfacción presentar novos proxectos, xa que é o momento no que sacamos á luz o froito de numerosas xornadas de traballo e desenvolvemento e no que se ven reflectidas todas as nosas inquietudes e esforzos para poder desenvolver produtos acordes á nosa filosofía de marca e que fagan honra ao noso legado.
A nosa historia sempre estivo ligada a colaboracións con artistas e deseñadores de renomeado prestixio, dende creadores galegos e nacionais como Souto, Colmeiro, Castelao, Maside, Laxeiro, Acisclo Manzano, Caruncho, X. Quessada, Francisco Leiro, Antonio Murado, Ailanto, Pepa Poch ou Gloria García Lorca; ata figuras internacionais como Eddy Varekamp o Norman Trapman. Nesta ocasión podemos dicir que é un gran orgullo para nós presentar “O Conxunto REDE”, un novo proxecto da man do distinguido arquitecto Londinense David Chipperfield, unanimemente recoñecido como unha das figuras más prestixiosas da arquitectura contemporánea.
Esta importante e significativa colaboración representa para s un punto de inflexión na súa xa relevante traxectoria: que unha celebridade mundial se fixe nunha empresa galega para reproducir en cerámica algunha das súa ideas ou deseños significa para os que traballamos na compañía un recoñecemento ao noso traballo e á nosa historia.
Esta colaboración nace sobre todo do profundo cariño que David le profésalle a Galicia, relación que xurdiu fai xa máis de 30 anos cando el e a súa familia decidiron pasar as súas vacacións de verán en Corrubedo, e onde estableceron dende entón a súa segunda residencia.
«Encántame o directo de Galicia, todo é o que é, tanto o bo como o malo. Non está empaquetado nin presentado, é moi cru e exposto e moi directo. Do mesmo xeito que a comida, non hai fantasías nin aspiracións. É un lugar no que a vida foi dura e que moldeou o respecto da xente pola terra e o mar. Vindo de Londres, onde as nosas vidas están moi marcadas polos excesos de elección e consumismo, Galicia é refrescantemente directa e sen complicacións.»
«A oportunidade de traballar con s é unha oportunidade de traballar coa extraordinaria artesanía e as técnicas da empresa e de explotar estas potencialidades e as do propio proceso de moldeado e cocción. O motivo do relevo que elixín baseouse nunha serie de referencias, obviamente a idea da rede de pesca, pero tamén unha alusión á decoración tradicional da cerámica xaponesa. Quizais o máis importante era a idea dun patrón que parece táctil e que pode estenderse sobre a forma creando un concepto non só de superficie senón tamén de estrutura.»
As pezas do “Conxunto REDE” relaciónanse formal e esteticamente coa tradición das vaixelas en relevo que s desenvolve na factoría do Castro de Samoedo, en Sada. Decorados como o Portomarínico, Cuncha, Peixes ou F-73 comparten moitos elementos en común con esta nova creación.
Trátase dunha colección que emprega a presenza dunha retícula xeométrica exterior como o seu elemento constructivo principal. Inspirada nas redes tradicionais de pesca, esta retícula varía lixeiramente a súa morfoloxía para adaptarse ás distintas superficies volumétricas sobre as que se aplica. Desta forma ténsase e estira nas dimensións máis amplas e aflóuxase e reláxase cando cobre diámetros
e curvas máis reducidas. Estas variacións na xeometría dos módulos dotan ás pezas de gran dinamismo e potencian os seus volúmenes.
O proceso de desenvolvemento do proxecto levouse a cabo durante case un ano, en continua comunicación entre s e o propio David Chipperfield con numerosas visitas ás fábricas e unha constante supervisión dos distintos procesos. Sen dúbida, tratouse dun gran reto produtivo e para o seu desenvolvemento combináronse técnicas actuais como o modelado, o prototipado e a impresión 3D con outros procesos máis tradicionais e de carácter máis manual como o tallado ou a matricería en escaiola. Cremos que o esforzo mereceu a pena xa que estamos enormemente satisfeitos do resultado obtido. Para nós foi toda unha honra e unha gran fonte de aprendizaxe desenvolver este conxunto de pezas da man dun referente da arquitectura mundial como David Chipperfield.
“O conxunto REDE” está formado por sete pezas: Un vaso/taza, un bol alto, un bol baixo, dous pratos (un grande de 24,5 cm e outro máis pequeno de 18), unha ensaladeira e un floreiro esférico, sendo a forma deste último unha referencia directa ás antigas boias de cristal cubertas de rede nas que se inspira o relevo. Preséntase en catro cores: o branco puro propio da porcelana, o tradicional azul cobalto de s, un rosa tella presente en moitos dos nosos decorados e un non tan habitual amarelo mostaza. A súa comercialización será por pezas individuais para que así cada cliente poida compoñer o seu propio conxunto. Tamén se ofrecerán 3 packs pechados cunha peza en cada cor: 4 vasos/tazas, 4 bols altos o 4 bols baixos. Toda a colección estará disponible nos puntos de venta físicos de s así como na nosa tenda online.