Bufo Real

Referencia: 33200202

Descrición:


Bufos, mouchos e curuxas forman parte, no imaxinario pupular galego, da longa lista dos michoucos indesexados e temidos, alimañas que nada bo traen. Iles todos receben o nome de xenérico de xenérico de "páxaros da morte", pois é créncia espallada que ventean á parca e agóirana coas súas carpias. Testemúñano así moitos ditos ou cantigas coma as que seguen:


"Eu ben vin esta-lo moucho


enriba dun acio de uvas;


¡vaite daí morte negra, 


desamparo das viúvas!"


"¡Xa lle víu os ollos á curuxa!" díse do que está ás portas da morte.


Porén, a sabencia popular trabúcase desta volta, e abondo, pois nada máis lonxe da verdade que isas andrómenas. As rapinas noitébregas, se ben poden amedoñarnos co seu laio na mourenza, son aliados naturais do labrego, pois consumen a eito moreas de ratos e outro bichoucos daninos para as colleitas.


Na Galiza moran cinco especies diferentes destas aves a máis dúas visítannos en certas épocas do ano.


Como quera que nós gostamos deles polo ser ar espilido (non en van o moucho tíñase, na Grecia clásica, como símbolo de sabencia) ofrecémovolos nesta requintada colección de seis exemprares que tenta ser fidel e reflectilos, ao noso xeito, na súa beleza natural.


Vixiarán dende os andeis que non teñades visitas inoportunas, sen agardar máis pago que lles tiredes de cando en vez a poalla de riba.


(O Castro, xuño de 1998).


O Bufo Real é a meirando das noitaregas europeas e necesita grandes extensións de terreo para cazar, cousa que fai á tardiña ou á noite, raramente polo dia, pois é abourada polas rapinas diurnas e outras aves que lle teñen moita xenreira. Aniña no chan, en penedias, cantís our árbores secas, aproveitando ás veces o niño abandoado doutras rapinas.


Dimensións:


Alto: 19 cm.


Material: Porcelana.


Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Bufo Real

Referencia: 33200202

159 $