María das Batallas

Referencia: 33300210

Descrición:
Mayor Fernández de la Cámara y Pita, popularmente coñecida como María Pita, é a protagonista indiscutible da historia coruñesa. Muller esixente e decidida, casou e enviudou en catro ocasións; e contan que casou unha quinta vez porque así llo esixiu en testamento o seu último home.
Corría o ano 1589, Sir Francis Drake, corsario da mariña británica, asedia A Coruña como castigo polo seu apoio á "Armada Invencible", enviada un ano antes polo Rei español contra Inglaterra.
Tras longos días de loita feroz e lume intenso a poboación refúxiase e ofrece resistencia tras os muros da Cidade Vella. Mulleres e nenos colaboran tanto como homes. Portas, xanelas, colchóns, todo vale para pechar as fendas. Pero tráxicamente o inimigo consegue abrir un gran acceso. Ante o cansazo e o gran número de mortos e feridos a cidade cre sucumbir.
É entón cando María Pita, adiantándose cunha pica, derruba e mata ao alférez inglés arrebatándolle a súa bandeira. Á vista desta heroicidade, os ánimos abatidos dos coruñeses transfórmanse, lanzándose enardecidos sobre os inimigos que emprenden precipitadamente a fuxida. Fonte: Coruña Turismo.

Dimensións:
Alto: 26 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

María das Batallas

Referencia: 33300210

79,00 €
Taxas incluídas