Set Café Paxárico
Referencia: 02299193
Descrición:
A FORMA PAXÁRICA, moi intelectualizada, incorpora elementos de xeración xeométrica hiperboloide, sobre a que se aplican decorados que responden á síntese e actualizacións de formas que tiveron vixencia na cultura popular e na cultura culta de Galicia. A nosa cerámica utiliza caolín procedente das vellas minas da propia bisbarra de Sargadelos, na Mariña luguesa. Un material de calidade contrastada que tratamos á maior temperatura posible,por enriba dos 1400 ºC, o que deriva nunha excepcional porcelana vitrificada en atmósfera reductora. As formas dos decorados realízanse preferentemente aerografando a cor sobre estarcidos ou mediante outras impresións calcográficas, mesmo decorando a man nalgúns modelos especiais.
Composición:
1 Cunca café con prato Monférico.
1 Cunca café con prato AB1.
Material: Porcelana.
Coidados: Apto para lavalouzas e microondas.
Set Café Paxárico
Referencia: 02299193