Xogo Almorzo Cuncos AB1

Referencia: 03050019

Descrición: O almorzo, en moitos fogares, é a comida máis importante do día. Non só pola inxesta en si, senon tamén porque esas primeiras horas poden marcar o devir do día. Dende SARGADELOS queremos que eses primeiros momentos sexan únicos. Con ese afán, presentamos este novo pack de almorzo, apilable e cunha decoración vibrante e divertida que aledará as mañás aos seus usuarios.

Composto por unha botella, un tarro grande, ambos con tapa de madeira hermética, e dous cuncos. Este pack permite ter todo a man e perfectamente identificado. Coa graza e singularidade dunha decoración que xoga cos vacíos e as masas de cor para comezar o día con enerxía positiva.



Dimensións:

Altura tarro: 25 cm.

Altura bol: 6.5 cm.

Altura botella: 28.5 cm.

Ø Bol e tarro: 12 cm.

Ø máximo botella: 10 cm

Ø boca botella: 5 cm

Capacidade tarro: 2 L.

Capacidade bol: 350 ml.

Capacidade botella: 1.2 L.



Material: Porcelana

Coidados: Apto para lavalouzas e microondas.

Xogo Almorzo Cuncos AB1

Referencia: 03050019

160,00 €
Taxas incluídas