Xogo Almorzo QM2

Referencia: 03050010

Descrición:
O almorzo, en moitos fogares, é a comida máis importante do día. Non só pola inxesta en si, senon tamén porque esas primeiras horas poden marcar o devir do día. Dende SARGADELOS queremos que eses primeiros momentos sexan únicos. Con ese afán, presentamos este novo pack de almorzo, apilable e cunha decoración vibrante e divertida que aledará as mañás aos seus usuarios.

Composto por unha botella (leite), un tarro (cereais), ambos con tapa de madeira hermética, e dous tazóns. Este pack permite ter todo a man e perfectamente identificado. Coa graza e singularidade dunha decoración que xoga cos vacíos e as masas de cor para comezar o día con enerxía positiva.

Dimensións:
Altura tarro: 25 cm.
Altura bol: 6.5 cm.
Ø Bol e tarro: 12 cm.

Capacidade tarro: 2 L.
Capacidade bol: 350 ml.

Ficha de datos

Colección
QM2
Tipo de producto
XOGO ALMORZO

Xogo Almorzo QM2

Referencia: 03050010

259 $