Brétema Auga de Perfume

Referencia: 05001010

Descrición:
Galicia é un país de brétemas. Son esas formacións nubradas que aparecen e desaparecen en calquera momento e lugar, de maneira inesperada, e que regalan misterio e esplendor á nosa terra dende tempos inmemoriais...
Por iso en SARGADELOS, interesados sempre por dar a coñecer ao mundo as nosas mellores peculiaridades materiais e inmateriais, pretendemos atrapar neste pequeno porrón de porcelana un dos fenómenos meteorolóxicos máis característicos de Galicia: as brétemas .
No frasco aparecen gravados os catro elementos da natureza, necesarios para que o procedemento cerámico teña lugar: lume, terra, aire e auga. No interior depositamos un pouco da esencia da nosa terra. Todo iso, unido á nosa historia, dá como resultado un perfume inconfundible envasado nun recipiente cerámico excepcional feito a man e pintado no noso característico Azul Cobalto. Cando vostede adquire un frasco de Auga de Perfume BRÉTEMA (de SARGADELOS), vostede non só compra unha fragrancia exclusiva que trata de evocar esencias e aromas perennes agochados nas paisaxes galegas e que quixemos mesturar co frescor da brisa mariña tan presente nas nosas costas. Vostede tamén consegue un frasco de cerámica de SARGADELOS (que é unha pequena obra de arte), deseñado e fabricado nos nosos talleres por expertas e destras artesás. Por iso preocupámonos de que ao esgotar o seu contido, se envía o envase á nosa fábrica, por un importe de 39€ (máis portes)‚ devolverémosllo de novo recheo.

Dimensións :
90 x 150 x 40 mm.

Vaporizador unisex 85 ml

Material: Porcelana

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Brétema Auga de Perfume

Referencia: 05001010

137,00 €
Taxas incluídas