Barca Sushi

Referencia: 32062095

Descrición:
Con motivo da súa recente incorporación ó esixente mercado xaponés, a marca galega Sargadelos deseñou, fabricou e incorporou como novidade ó seu catálogo a Vaixela Sushi. Trátase dun conxunto de pezas de porcelana para dous comensais, inspirado na estética do país nipón combinada co característico e inconfundible selo que SARGADELOS imprime ás súas creacións.
A Vaixela Sushi componse dunha fonte-barca, como referencia ós botes de pesca galegos, cuncas, pratos e dous repousa-palillos en forma de peixe carpa de inconfundible acento sargadeliano e referencia oriental. En definitiva, unha agradable sorpresa dirixida a un público novo amante dos produtos innovadores e de gran calidade.

Dimensións:
Longo: 29,5cm.
Ancho: 14,5 cm.
Alto: 3 cm.

Material: Porcelana.

Cuidados: Apto para lavalouzas e microoondas.

Ficha de datos

Tipo de producto
BANDEXA

Barca Sushi

Referencia: 32062095

143 $