Lámina Cafetera Buñica

Referencia: 10500010

Debido ao éxito con que o mercado acolleu a nosa colección de láminas decorativas, SARGADELOS amplía a serie, iniciada no ano 2022, e pon agora á venda dúas novas ilustracións representativas da nosa identidade tan emblemática e recoñecida. Estas dúas novas serigrafías reproducen dúas icónicas figuras do noso catálogo nas que a linguaxe sargadeliano é absoluto protagonista.

Este distínguese pola decoración xeométrica de alto contraste (resultado do noso método de produción mediante estarcido) sobre formas elementais, desenvoltas a partir do estudo das figuras da olería galega tradicional, concretamente as propias da rexión de Buño. Trátase dunha serie numerada realizada mediante serigrafía de estampaxe manual, sobre un papel de alto gramaje (acabado de gran natural cun 60% de algodón).

40 x 50 cm

Papel 285 gr.

4 tintas

Lámina Cafetera Buñica

Referencia: 10500010

65,00 €
Taxas incluídas