Moucho Orellas
Referencia: 33200206
Descrición:
Bufos, mouchos e curuxas forman parte, no imaxinario pupular galego, da longa lista dos michoucos indesexados e temidos, alimañas que nada bo traen. Iles todos receben o nome de xenérico de xenérico de "páxaros da morte", pois é créncia espallada que ventean á parca e agóirana coas súas carpias. Testemúñano así moitos ditos ou cantigas coma as que seguen:
"Eu ben vin esta-lo moucho
enriba dun acio de uvas;
¡vaite daí morte negra,
desamparo das viúvas!"
"¡Xa lle víu os ollos á curuxa!" díse do que está ás portas da morte.
Porén, a sabencia popular trabúcase desta volta, e abondo, pois nada máis lonxe da verdade que isas andrómenas. As rapinas noitébregas, se ben poden amedoñarnos co seu laio na mourenza, son aliados naturais do labrego, pois consumen a eito moreas de ratos e outro bichoucos daninos para as colleitas.
Na Galiza moran cinco especies diferentes destas aves a máis dúas visítannos en certas épocas do ano.
Como quera que nós gostamos deles polo ser ar espilido (non en van o moucho tíñase, na Grecia clásica, como símbolo de sabencia) ofrecémovolos nesta requintada colección de seis exemprares que tenta ser fidel e reflectilos, ao noso xeito, na súa beleza natural.
Vixiarán dende os andeis que non teñades visitas inoportunas, sen agardar máis pago que lles tiredes de cando en vez a poalla de riba.
(O Castro, xuño de 1998)
O Moucho das Orellas é o máis pequeno da familia e visítanos canda o vrao, máis só na metade sur do país. Coma todos os turistas adovíase cunha fardamenta estrambótica de moito mimo. Pasea polos parques, alamedas e tamén polas campías e agras onde apaña a súa mantenta.
Dimensións:
Alto: 12,5 cm.
Material: Porcelana.
Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.
Ficha de datos
- Colección
- BÚHOS
- Tipo de producto
- FIGURA
Moucho Orellas
Referencia: 33200206