Catedral de Santiago

Referencia: 05003048

Descrición: A actual Catedral de Santiago ergueuse no 1075 sobre os restos das primitivas igrexas construídas no mesmo lugar onde aparece o sepulcro do Apóstolo. O auxe das peregrinacións e as riquezas dos señoríos feudais da Península Ibérica permitiron o inicio da súa edificación baixo o episcopado de Diego Peláez. Está construída en cantaría de granito con cubertas de laxes no mesmo material. Ten un deseño de planta de cruz latina, brazo lonxitudinal e transepto de tres naves con deambulatorio na cabeceira e tribuna que percorre todo o perímetro. Ten varias capelas laterais que se dispoñen ordenadamente ao longo de todo o templo e que posúen un espazo con individualidade propia. A nave central de 97 m de longo e 20 de alto está cuberta con bóveda de canón peraltada e suxeita por arcos e faixóns e triforio, as naves laterais están cubertas con bóveda de aresta. A fachada Norte ou da Acibechería era o lugar por onde entraban os peregrinos, orixinariamente chamábase Porta do Paraíso e foi pasto das chamas no século XVII. A actual reconstrución neoclásica é obra de Ventura Rodríguez e Lois Monteagudo no século XVIII. A fachada Sur ou das Praterías, de estilo románico, posuía un gran discurso iconográfico hoxe en día inintelixible por posteriores engadidos e modificacións. Algúns relevos rescatados da Porta do Paraíso están aquí. Anexa a esta construción está a Torre do Reloxo ou Berenguela chamada así polo arcebispo que a mandou construír. Na fachada Este ou da Quintana existen dúas portas; A Porta Santa, que só se abre os anos santos e pertence ó barroco (1611) e a Porta Real que recibe o seu nome do escudo que a coroa. A fachada do Obradoiro (Fernando Casas e Novoa, 1738-1750) é un revestimento Barroco de pedra e vidro feito para protexer do desgaste ó Pórtico da Gloria. Destaca a grande fiestra do corpo central que permite a iluminación da obra do Mestre Mateo culmen da escultura. Ademais de ser un maxestoso conxunto arquitectónico a Catedral de Santiago é un gran símbolo, a meta final do Camiño que numerosos peregrinos percorren dende hai máis de XI séculos. En 1986 foi declarado Monumento Histórico-Artístico. En Sargadelos queremos destacar o carácter icónico da Catedral e para iso realizamos unha interpretación baseándonos nas súas imaxes máis recoñecibles, obviando a súa planta, deixando de lado os edificios anexos e centrándonos nas súas fachadas. Por iso non é unha representación fiel á realidade senón unha aproximación a todo o que este conxunto significa (ano Xacobeo 2010).


Dimensións: Alto: 14 cm.


Material: Porcelana.


Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Catedral de Santiago

Referencia: 05003048

121 $