Elesede 51

Referencia: 05004999

Descrición: The Beatles é sen dúbida a banda de rock máis aclamada e influente da historia da música. O grupo, sempre acompañado dun gran éxito comercial, converteuse nun auténtico fenómeno social e cultural nunca antes visto. A música e estética dos Beatles impregnaron a nosa cultura occidental desde a segunda metade do século XX. A rebeldía da mocidade daqueles anos sesenta protagonizou o movemento hippie e as revoltas de Maio de 1968; pero a música desenfadada, insolente e atrevida de infinidade de conxuntos musicais temperou o desacato e a trasgresión proclamada. Con esta reinterpretación do icónico "Yellow submarine", SARGADELOS quere render tributo a unhas xeracións, que, na súa inxenuidade, pretenderon cambiar o mundo e aínda que non o conseguiron, co seu entusiasmo pola vida e a súa paixón pola música abriron novos camiños á liberdade.


Dimensións:


Longo: 25 cm.


Alto: 18 cm.


Ancho: 11cm.



Material: Porcelana.


Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Ficha de datos

Tipo de producto
FIGURA

Elesede 51

Referencia: 05004999

286 $