Recambio Difusor Brétema

Referencia: 05001014

Descrición:


Galicia é un país de brétemas. Son esas formacións nubradas que aparecen e desaparecen en calquera momento e lugar de maneira inesperada, e que regalan misterio e esplendor á nosa terra desde tempos inmemoriais... Por iso en SARGADELOS, interesados sempre por dar a coñecer ao mundo as nosas mellores peculiaridades materiais e inmateriais, pretendemos atrapar neste pequeno porrón de porcelana un dos fenómenos meteorolóxicos máis característicos de Galicia: as brétemas. Nel aparecen gravados os catro elementos da natureza necesarios para que o procedemento cerámico teña lugar: lume, terra, aire e auga. E no interior depositamos un pouco da esencia da nosa terra. De todo isto, unido á nosa historia, resulta un perfume inconfundible envasado nun recipiente cerámico excepcional feito a man e pintado co noso característico “azul cobalto”.


Contén: 


- 1 Frasco de 200 ml.


- 1 Pack varas de ratán


Non inclúe Porcelana

Recambio Difusor Brétema

Referencia: 05001014

57 $

100% secure payments