Difusor Triangular Celeste Mar Sonoro

Referencia: 33500084

Descrición: COLECCIÓN AROMAS DE GALICIA A colección aromas de Galicia recolle as esencias olfativas das paisaxes galegas, as notas máis evocadoras dos nosos bosques, vales e mares co propósito de que todo o mundo poida gozar de tales fragrancias no momento e lugar que desexe. AROMA MAR SONORO Fragrancia exclusiva inspirada nos mares galegos que bañan as extensas costas da nosa orografía. Mar sonoro ten reminiscencias ao salgado, ás algas e á brisa mariña e a todas as historias de sereas, monstros, mitos, cidades e barcos misteriosos que nunca foron reais, pero con todo, existen. DECORADO TRIANGULAR Baseándonos na forma básica do triángulo, clave da xeometría e símbolo da harmonía, a divindade e a proporción, deseñamos o decorado triangular onde as cores cerámicas se combinan creando vistosos xogos cromáticos.


Composición: - Un difusor de aromas Triangular Celeste. - Un Frasco 100 ml. Aroma Mar Sonoro. - Un pack varillas de rattán. 


Dimensións: Ø Base: 6 cm. Ø Cabeza: 4,5 cm. Altura: 11 cm aprox.


Material: Porcelana.


Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.


Difusor Triangular Celeste Mar Sonoro

Referencia: 33500084

81 $