Cunca Almorzo con prato Portomarínico Filo Azul

Referencia: 31305593

Descrición:
Os seus exquisitos motivos en forma de rombos e rectángulos, inspirados na arte románica galega, converteron á vaixela Portomarínico de Sargadelos nunha das máis belas e demandadas da firma. Une a tradición da arte medieval e a estética contemporánea de motivos xeométricos. Portomarínico é unha das icónicas vaixelas completamente brancas de Sargadelos. A partir de agora, tamén exhibirá un fío Azul Cobalto, a cor emblemática da firma, nun novo modelo innovador e cheo de frescura que se presenta como novidade para acompañar á xa clásica Portomarínico branca.

Composición:
1 Cunca almorzo e 1 prato té.

Dimensións:
Alto: 7,5 cm.
Prato: Ø 17 cm.

Capacidade: 325 ml.

Material: Porcelana.

Coidados: Apto para lavalouzas e microondas.

Ficha de datos

Colección
PORTOMARÍNICO FILO AZUL
Tipo de producto
TAZAS CON PRATO

Cunca Almorzo con prato Portomarínico Filo Azul

Referencia: 31305593

56 $