Bolso Voluta
Referencia: CPS00001
Descrición: Bolso inspirado no Barroco arquitectónico galego, onde a decoración naturalista se combinaba coa xeométrica. En concreto, a voluta é un ornamento en forma de espiral, que forma os ángulos do capitel da columna xónica. Devanditos deseños podemos atopalos ao longo da historia na arquitectura galega.
O bolso Voluta está elaborado en pel de vacún, baseado na nosa icónica figura de porcelana. O seu complexo deseño e confección están realizados e cosidos a man, dándolle unha forma única dentro da colección.
A maiores conta cun pequeno colgante co noso coñecido trisquel intercambiable, feito e pintado a man.
Peche de botón a presión.
Conta con dous compartimentos laterais con peche de cremalleira, unha asa de ombreiro e dúas de man de pel, tres petos interiores (un deles con cremalleira) e unha pequena peza de porcelana no seu interior, distintiva da marca. Costuras feitas artesanalmente.
Elaborado na súa totalidade por artesáns do noso país.
Creado coas mellores peles de vacún.
Dimensións: Longo: 33 cm. Ancho: 16 cm. Alto: 24 cm.
Bolso Voluta
Referencia: CPS00001