Bolso Esfera Granate

Referencia: CPS00450

Descrición:


Con orixe na nosa historia, estes exclusivos deseños remóntanse aos anos 70, onde SARGADELOS saca a primeira colección de medallas, dando paso á posterior liña das coñecidas placas María. Estas rechamantes medallas, xunto cos nosos bolsos, son unha oportunidade perfecta para ter un produto exclusivo. Os amantes da cor e as pezas máis antigas poderán facerse cunha colección de artigos de coleccionista que irá aumentando ao longo do ano.


Este bolso está confeccionado en pel volta, cun adorno exterior formado por unha placa grande de porcelana cunha tira e unha borla, ambas de pel, cunha argola de porcelana. Conta cunha correa regulable e peto interior.


Cor granate.


Exterior: 100% pel volta. Interior: forro 100% porcino.


Dimensións: 23 x 23 cm.

  • -30%

Bolso Esfera Granate

Referencia: CPS00450

223 $ - 30%
318 $