Voluta

Referencia: 05019040

Descrición: Na Galicia do século XVII, aparece con éxito o Barroco galego nun momento de efervescencia cultural. Un dos grandes artífices do Barroco galego foi Simón Rodríguez, ao que se debe a decoración a base de placas circulares, volutas, recortes, discos..., denominándose a este estilo Barroco de placas, do cal é un bo exemplo o convento compostelán de Santa Clara. En SARGADELOS, sempre atentos á nosa historia, non podíamos esquecernos desta arte coñecida como Barroco galego e, en especial, das súas placas. Así que fixemos, na súa homenaxe, esta Voluta decorada baixo e sobre cuberta. Esta peza decorativa foi pintada a man sobre a porcelana vidrada con cor vermella intensa, cocéndose nesta etapa a 800º C (por terceira vez), é por iso que o seu proceso de produción é máis laborioso.


Dimensións: Alto: 26 cm.


Material: Porcelana.


Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.

Voluta

Referencia: 05019040

282 $