Sargadelos

Sargadelos é unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia vencellados ao desenvolvemento da cultura de Galicia en todos os eidos da creatividade.

"Terras galegas elaboradas con ideas do noso tempo". Baixo este lema resúmese a identidade de Sargadelos, dende que Antonio Raimundo Ibáñez, despois de establecer unha moderna siderurxia en 1794 no mesmo lugar, alumara a principios do século XIX a iniciativa de converter as ricas arxilas galegas en innovadoras louzas decoradas.

Sería xa entrado o século pasado cando Sargadelos fornece o seu proxecto co engadido do caolín outra materia prima de seu: a identidade, renovando os motivos, as formas e as cores xenuínos.

Con esas mesmas terras, cultura e tradición, a empresa segue a puxar no mundo de hoxe en día, con novas ideas que conforman un dos proxectos máis dinámicos e orixinais do noso tempo.