Novos Proxectos

Sargadelos mantén unha permanente actividade creativa e innovadora dende a sua fundación, na que intenta incorporar sempre os mellores creadores contemporáneos e as últimas tendencias do deseño industrial.

VI Foros de Debate "Europa, un proxeto común"

O grupo Sargadelos continúa a súa traxectoria cultural coa organización dos VI Foros de Debate que terán lugar todos os venres de novembro ás 20:30h no Hotel Voar de Ribadeo.

Baixo o título "Europa, un proxecto común" representantes de distintas ideoloxías da vida política, académica y cultural actual expoñerán as súas ideas sobre o futuro do continente e debaterán co público. Os Foros comezarán o día 4, coa presenza de D. Miguel Ángel Revilla, presidente de Cantabria. O día 11 será a quenda de D. Josep Borrell, expresidente do Parlamento europeo e exministro español con gobernos socialistas. D. José Manuel García-Margallo, ministro en funcións de Asuntos Exteriores, protagonizará a conferencia do próximo día 19. E o 25 de novembro, pechará o programa D. Bieito Rubido, director do diario ABC.

"Talento, traballo e sentidiño" son os termos que resumen o espírito duns Foros de Debate que pretenden seguir sendo un referente cultural da Mariña, Galicia e Asturias.