Novos Proxectos

Sargadelos mantén unha permanente actividade creativa e innovadora dende a sua fundación, na que intenta incorporar sempre os mellores creadores contemporáneos e as últimas tendencias do deseño industrial.

Novas pezas de xoiería

Estas pezas de xoiería naceron á calor do poema de Ánxel Valente.

O Signo

Neste obxecto breve
ó que deu forma o home,
un cunco de barro cocido ó sol
onde a duración da materia anónima
faise sinal ou signo,
a sucesión compacta fráxil forma,
tempo ou supervivencia,
esténdese a mirada,
lentamente rodea a delgadez da
invención,
o que puxo a man nesta pouca terra
árida e viva.

Aquí, neste obxecto
no que a pupila se demora e volve
e busca o eixe da proporción, reside
por un instante o noso ser,
e desde alí outra vida dilata a súa verdade
e outra pupila e outro soño encontran
a súa mais simple resposta.